CD BARCO0 – 0ATLÉTICO ASTORGA FC
Resultado del partido

CRÓNICA DEL PARTIDO

Segundo ensaio pra os valdeorreses nesta fase preparatoria saldado cun novo empate sen goles. Malia o aparente do marcador final, os afeccionados/as que se achegaron até o estadio de Calabagueiros, cunha boa representación visitante, puideron asistir a un enfrontamento disputado e entretido, cos dous equipos buscando francamente a porta rival na procura do gol.

A primeira metade, ao noso xuízo, foi máis equilibrada aínda que a iniciativa do xogo correu máis pola conta do bando local. Na segunda os de Javi Rey aumentaron o ritmo e chegaron con perigo e opcións de bater a porta do equipo maragato. Tamén os visitantes dispuxeron dalgunha boa ocasión pra marcar, salvada con acerto polo gardarredes barquense.

En resumo, os nosos van collendo rodaxe e cohesionando o grupo, nunha liña que apunta na boa dirección.

Cronica por Xavier R.A.

quieres ser socio del cdbarco y ayudar al mejor equipo de tercera división gallega

HAZTE SOCIO

Si quieres ser una parte muy importante de nuestro equipo, colaborar con nosotros, aumentar la energía para conseguir esa meta que tanto deseamos,

HAZTE SOCIO DEL CD BARCO

Juntos viviremos una aventura fabulosa.


Sigue la noticia en facebook

Por razones de privacidad Facebook necesita tu permiso para cargarse. Para más detalles, por favor consulta nuestra Política de privacidad.
I Accept