CD Choco 1 – 1 CD Barco

[ ⚽️  Oscar Gil, min. 6 | ⚽️  Omar Navarro, min. 17 ]

[📝Cronica Xabier R.A.]
 
Táboas ao cabo do tempo regulamentario que lles permite aos de Manolo Pérez sumar un punto nun campo sempre difícil e, ao tempo, pórlle freo á pequena xeira de resultados desfavorábeis das últimas xornadas. O conxunto choqueiro adiantouse moi cedo no marcador co temperán tanto de Óscar que parecía abrir un escenario acaído aos intereses dos redondeláns. Mais os de Valdeorras souberon reaccionar rápido pra devolver o golpe e neutralizar o efecto psicolóxico dese gol. Logo, até o descanso, equilibrio sobre o campo e alternativas no xogo dos dous equipos.
Xa na segunda metade, primeiro unha fase de tirapuxa mentres non chegou a expulsión nas filas locais que deixaba o panorama máis doado, teoricamente, pra o cadro valdeorrés. Con todo, aínda con vinte minutos por diante, os redondeláns foron quen de reformular os plans iniciais e manteren o resultado sen máis modificacións. Houbo algunha opción clara pra ver porta por ambos e dous bandos, mais sen chegar finalmente a plasmarse no marcador.

Crónica e Imágenes de Xabier R.A. <<Facebook>>

Página oficial de la Federación Gallega de Futbol.