CD Barco 1 – 1 UD Atios

[ ⚽️   Óscar Martín, min. 59 | ⚽️   M. Vilán, min. 90]

📝 Xabier R.A.
Non conseguen pasar do empate os homes de Manolo Pérez diante da súa afección na despedida do ano e da primeira volta desta fase inicial da Liga 2020/21.
Logo duns comezos vacilantes os valdeorreses foron mellorando e gañando en intensidade, pra achegarse até a porta defendida por Diego con varias ocasións pra estrear o marcador. Combinacións entre Juanito e Rodri, disparos dende lonxe dun moi activo Carlos Villar, ou un remate de cabeza do propio Juan Bazo…, ben puideron abrir a conta goleadora pra os de Valdeorras na primeira metade. Os da parroquia porriñesa, pola súa banda, amosáronse neste período como un cadro combativo, incómodo, mais sen opcións claras, inoperante, fronte a porta rival. Porén, xa no arrinque do segundo tempo, a primeira ocasión foi do bando visitante, nun duro disparo que marchou por riba dos paus de Iván Oviedo por pouco. A partir de aquí animouse, e moito, a contenda. Case que a seguir Óscar estrelou un balón na base do poste, cos de vermello en plena ofensiva na busca do gol que desfixese a igualada. E así no min. 57 outro lanzamento de Juanito marcharía por riba da portaría pontevedresa. No 59, froito dunha fermosa acción de desbordamento pola banda dereita do capitán Rubén García chégalle o coiro no segundo pau a Óscar Martín, que dun durísimo disparo raso e cruzado bate a porta visitante. Eran os mellores minutos dos valdeorreses e semellaba que a cousa ía collendo o xeito procurado. Logo virían novas oportunidades, outra volta nun remate de cabeza de Juanito Bazo que salva ben o porteiro Diego no min. 63, e mais tarde nun lanzamento dende lonxe de David Álvarez no 68. E até aquí pra os da casa que pareceron esgotar o combustíbel e chegaron ao treito final moi tocados fisicamente. No último cuarto de hora tocoulles sufrir e o partido fíxoselles moi longo. Tanto que os porriñeses xa avisaron das súas intencións no min. 86, cun lanzamento que marchou por riba do traveseiro de Oviedo por poucos centímetros. E xa ao bordo dos noventa minutos regulamentarios, unha falta perigosa botada nas proximidades da área local atopou o contacto xusto de Vilán pra mandar a bóla ao fondo das redes. O gol, á parte dun xarro de auga fría pra os locais, supuxo o tanto que habería de ser xa o resultado definitivo. Marcador final con resaibo amargo no cadro valdeorrés e con gusto a vitoria pra os visitantes.

Crónica de Xavier R.A. e Imágenes de Sandra García. <<Facebook>>

Página oficial de la Federación Gallega de Futbol.

RESUMEN DEL PARTIDO OFRECIDO POR EN XOGO

Por razones de privacidad Facebook necesita tu permiso para cargarse. Para más detalles, por favor consulta nuestra Política de privacidad.
I Accept