Partido Jornada 4

Crónica Xabier R.A. (Galego-Facebook)

Suma e segue: outro «máis tres»! Continúa unha semana máis a xeira de vitorias (e xa van catro seguidas) pra os de Javi Rey no seu periplo pola Terceira RFEF. Logo duns compases iniciais de igualdade adiantáronse os valdeorreses por medio da pena máxima transformada polo noso «Rei» David. Con esta vantaxe pola mínima os dous equipos pasaron polo vestiario e, á volta, de novo un golazo de Óscar Martín aumentaba a renda pra o cadro barqueiro. A cousa parecía ben encarreirada pra os intereses visitantes mais non estaba, nin moito menos, definitivamente pechada fronte un rival potente que nunca baixou os brazos. O acabado de entrar no campo D. Pedrosa metía de novo os vilalbeses na disputa co seu tanto e, ao tempo, devolvíalle a máxima emoción á contenda. E tanto, pois xa no treito final o gardarredes Aitor Arias salvou nun man a man o que puido ser, e ao cabo non foi, gol da igualada pra o conxunto chairego. Así, coa súa porta blindada, os de Valdeorras foron quen de chegar ao límite do tempo engadido e facerse cun novo triunfo, acadando un pleno que os mantén no máis alto.Vitoria pola mínima pra o cadro de Javi Rey noutro partido difícil, de moito oficio, que lle permite encadear unha fantástica xeira cun pleno de triunfos nos tres partidos disputados. O enfrontamento tivo fases de dominio alterno e en moitas delas o peso do xogo recaeu no cadro visitante, mais a profundidade e as ocasións máis claras foron pra os locais: á parte do tanto de Ivi, dous remates de Javi Pazos, un deles rexeitado polo porteiro e logo ao traveseiro; outra de Óscar Martín; outra boa intervención do gardarredes vigués nun disparo raso a rentes do pau… Con todo a emoción mantívose até o asubío final polo curto da vantaxe, co equipo visitante botándolle o resto na procura do empate, mais sen chegar a crear ocasións claras de bater a porta de Aitor. A mellor lectura é que os valdeorreses son quen de sacar adiante tamén partidos duros, como este, contra un bo adversario que non lles puxo as cousas nada doadas aos nosos.

Entrevistas post partido

Resumen partido En Xogo TVG

Por razones de privacidad Facebook necesita tu permiso para cargarse. Para más detalles, por favor consulta nuestra Política de privacidad.
I Accept

Goles

⚽ [0 – 1] (29′) ALVAREZ ROZADOS, DAVID

⚽ [0 – 2] (55′) MARTÍN HERNANDEZ, OSCAR

⚽ [1 – 2] (71′) PEDROSA LOUREIRO, DANIEL

Acta del partido

Puedes ver la acta del partido aquí.

quieres ser socio del cdbarco y ayudar al mejor equipo de tercera división gallega

HAZTE SOCIO

Si quieres ser una parte muy importante de nuestro equipo, colaborar con nosotros, aumentar la energía para conseguir esa meta que tanto deseamos,

HAZTE SOCIO DEL CD BARCO

Juntos viviremos una aventura fabulosa.

Loteria Navidad
Cómpralo en establecimientos asociados.

En la prensa

[La Voz de Galicia] El Barco fortaleció en Vilalba su liderato en Tercera
[La Región] El Barco sigue líder tras ganar en Villalba
[SomosComarca] El Barco vence al Racing Vilalbés antes de recibir al Noia
[Faro de Vigo] El CD Barco sigue en racha y suma una victoria más en A Magdalena

Imagen de portada realizada por Sandra García.