Partido Jornada 5
Crónica Xabier R.A. (Galego-Facebook)
Seguen os de Javi Rey engadindo xornadas que se contan por vitorias neste extraordinario arrinque ligueiro da 2021/22. Desta volta tiveron que se empregar a fondo pra conseguir dobregar un moi bo rival, logo do visto sobre a herba de Calabagueiros. Comezaron os visitantes levando o control do partido a través dunha circulación pausada do coiro. O primeiro disparo con perigo entre os tres paus foi deles, ben resolta polo porteiro Aitor. Aos poucos os valdeorreses foron collendo o sitio e, de paso, o control do xogo. As ocasións chegaron nun disparo de David Álvarez, no min. 18, desviado por pouco e, xa no 25, nun lanzamento de Ivi Vales despois dun córner que para o gardarredes Fedello. Cinco minutos máis tarde Javi Pazos abría o marcador pra os locais, ao recoller un balón rexeitado doutro remate anterior e mandalo ao fondo da portaría. Os de Noia terían unha boa opción pra empatar no min. 41, finalmente anulada cunha grande intervención de Aitor. E así, da posíbel igualada pasamos ao 2-0 só un minuto máis tarde, ao gañar Duque un balón moi longo e anticiparse sobre a saída do meta Fedello. A cousa pintaba ben pra os vermellos no remate da primeira metade. Mais na segunda este panorama ía mudar de xeito considerábel. Cara ao minuto 55 producíuse unha acción que acabaría por marcar o posterior desenvolvemento do enfrontamento: nunha disputa por un balón aéreo Duque e o noiés Angelo bateron fortemente, caendo os dous xogadores mancados. O peor parado resultou o futbolista visitante, que logo duns minutos de incerteza e seria preocupación, ao quedar deitado e inmóbil sobre o céspede, foi trasladado ao Hospital de Valdeorras pra a súa atención. A interrupción forzosa do partido tivo repercusión en ambas escuadras, nomeadamente nos visitantes que pasaron a dominar por completo a contenda. Cos valdeorreses moi repregados mandaron aviso das súas intencións cun centro-chut que rexeitaron Aitor e o pau conxuntamente. No min. 69 chegaría o premio pra o cadro noiés ao controlar Nando un bo pase no centro da área e bater a porta defendida por Aitor. Nos dez minutos finais o conxunto local liberouse un pouco da abafante presión rival e volveu axexar con perigo a área contraria, por medio das chegadas rápidas de Rodri. E ao bordo do tempo regulamentario, unha contra veloz ben levada por Pablo Rubio dálle a Adri Díaz a posibilidade de anotar o terceiro, sentenciando así o partido e poñendo o necesario acougo na bancada valdeorresa.Suma e segue: outro «máis tres»! Continúa unha semana máis a xeira de vitorias (e xa van catro seguidas) pra os de Javi Rey no seu periplo pola Terceira RFEF. Logo duns compases iniciais de igualdade adiantáronse os valdeorreses por medio da pena máxima transformada polo noso «Rei» David. Con esta vantaxe pola mínima os dous equipos pasaron polo vestiario e, á volta, de novo un golazo de Óscar Martín aumentaba a renda pra o cadro barqueiro. A cousa parecía ben encarreirada pra os intereses visitantes mais non estaba, nin moito menos, definitivamente pechada fronte un rival potente que nunca baixou os brazos. O acabado de entrar no campo D. Pedrosa metía de novo os vilalbeses na disputa co seu tanto e, ao tempo, devolvíalle a máxima emoción á contenda. E tanto, pois xa no treito final o gardarredes Aitor Arias salvou nun man a man o que puido ser, e ao cabo non foi, gol da igualada pra o conxunto chairego. Así, coa súa porta blindada, os de Valdeorras foron quen de chegar ao límite do tempo engadido e facerse cun novo triunfo, acadando un pleno que os mantén no máis alto.Vitoria pola mínima pra o cadro de Javi Rey noutro partido difícil, de moito oficio, que lle permite encadear unha fantástica xeira cun pleno de triunfos nos tres partidos disputados. O enfrontamento tivo fases de dominio alterno e en moitas delas o peso do xogo recaeu no cadro visitante, mais a profundidade e as ocasións máis claras foron pra os locais: á parte do tanto de Ivi, dous remates de Javi Pazos, un deles rexeitado polo porteiro e logo ao traveseiro; outra de Óscar Martín; outra boa intervención do gardarredes vigués nun disparo raso a rentes do pau… Con todo a emoción mantívose até o asubío final polo curto da vantaxe, co equipo visitante botándolle o resto na procura do empate, mais sen chegar a crear ocasións claras de bater a porta de Aitor. A mellor lectura é que os valdeorreses son quen de sacar adiante tamén partidos duros, como este, contra un bo adversario que non lles puxo as cousas nada doadas aos nosos.
Entrevistas post partido (Sandra)
Resumen partido En Xogo TVG
🎥 Rematamos cos resumos longos dos partidos da Terceira @futgal co partido do líder, o @CDBarco
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) October 10, 2021
Impúxose por 3-1 ao @CFNOIA nun partido marcado polo susto que deu o central visitante Ángelo, retirado en ambulancia pic.twitter.com/V4Bfs1dsdw
Goles
⚽ [1 – 0] (31′) PAZOS ROSALES, JAVIER
⚽ [2 – 0] (42′) DUQUE HERNANDEZ, MIGUEL A.
⚽ [2 – 1] (72′) GONZALEZ QUEIRUGA, FERNANDO
⚽ [3 – 1] (90′) DIAZ PEREZ, ADRIÁN
Acta del partido

HAZTE SOCIO
Si quieres ser una parte muy importante de nuestro equipo, colaborar con nosotros, aumentar la energía para conseguir esa meta que tanto deseamos,
HAZTE SOCIO DEL CD BARCO
Juntos viviremos una aventura fabulosa.
