Rápido de Bouzas 1 – 2 CD Barco

[ ⚽️  Fondevila, min. 58 | ⚽️  Andrés Calvo, min. 70; ⚽️  Vera, min. 89]

Crónica de Xabier R.A. (Galego)

Conseguen os de Valdeorras darlle a volta a un marcador que se lles puxera á contra pra, ao cabo, pescar os tres puntos en xogo na súa visita a Vigo.
O partido arrincou cun ritmo baixo, cun xogo un chisco anódino polos dous bandos que parecían agardar e estudar o rival. Pouco e pouco foi gañando en intensidade, aínda que as ocasións foron escasas, unha por combinado, antes do paso polo vestiario. Xa na segunda metade animouse a cousa, nomeadamente grazas ao gol que poñía con vantaxe os locais no treito inicial do período. Os de vermello tiñan que buscar a reacción e tiraron bo proveito das accións a balón parado. Nunha delas, un saque de esquina botado por Rubén García, atopou o remate atinado de Andrés pra facer o tanto da igualada. Isto deulles azos aos de Manolo Pérez que souberon xestionar o resultado e buscar a porta rival no intre chave. Case sobre o asubío final unha entrada de David Álvarez pola esquerda rematou cun balón rexeitado polo gardamallas local que Vera, atento, soubo recoller e mandalo ao fondo das redes pra adiantar o cadro valdeorrés e darlle finalmente unha nova vitoria.

Texto e imágenes de Xabier R.A. <<Facebook>>

Puedes ver el partido jugado contra el Rápido de Bouzas en el canal oficial del Club vigés.

Volver a ver